Vecedor Curtopía Itinerante

Curtopía Itinerante foi unha inciativa na que o noso festival converteuse nun nómada que percorreu once institutos da nosa cidade con 5 curtametraxes no seu saco. Esas 5 curtametraxes (mostra xuvenil) foron votadas por preto de 1000 mozas e mozos da nosa cidade. O ollo crítico da nosa mocidade deu como vencedora á curtametraxe Y Yo de Verónica Sáenz, que pasará a formar parte da nosa selección oficial como candidata xuvenil.
Noraboa pola que creemos que, en si mesma, é unha distinción honorífica.

Curtopía Itinerante fue una inciativa en la que nuestro festival se convirtió en un nómada que rercorrió once institutos de nuestra ciudad con 5 cortometrajes en su saco. Estos 5 cortos (muestra juvenil) fueron votados por cerca de 1000 jóvenes de Vigo. El ojo crítico de nuestra juventud dió como vencedora al corto Y Yo de Verónica Sáenz, que pasará a formar parte de nuestra selección oficial como candidata de juvenil.
Enhorabuena por la que creemos que, en si misma, es unha distinción honorífica.

Publicado en Uncategorized | Deja un comentario

Obradoiro de Dirección de Fotografía.

É unha honra poder comezar o ciclo de obradoiros de Curtopía 2010 con un recoñecido profesional como Alfonso Parra.  O obradoiro que nos presenta ten por título “Introducción á fotografía cinematográfica para non-fotógrafos” . En 16 horas Alfonso Parra explicará os fundamentos básicos das tarefas cinematográficas para todos aqueles que traballan no eido audiovisual. Amosará equipos, técnicas e recursos de xeito que todos podan coñecer como traballar man a man co equipo de fotografía.

O obradoiro terá lugar nas instalacións do C.X. Abertal (C/venezuela, Vigo) os días 6 e 7 de Novembro. A matrícula é de 75€. Para máis información consultad en curtopia@curtopia.es. Para inscricións: matriculas@curtopia.es.

 

Es un honor poder comenzar el ciclo de talleres de Curtopía 2010 con un reconocido profesional como Alfonso Parra.  El taller que nos presenta tiene por título “Introducción a la fotografía cinematográfica para los no fotógrafos” . En 16 horas Alfonso Parra explicará los fundamentos básicos de las tareas cinematográficas para todos aquellos que trabajan en el ámbito audiovisual. Mostrará equipos, técnicas y recursos de forma que todos puedan conocer cómo trabajar mano a mano con el equipo de fotografía.

El taller tendrá lugar en las instalaciones del C.X. Abertal (C/venezuela, Vigo) los días 6 y 7 de Noviembre. La matrícula es de 75€. Para más información consultad en curtopia@curtopia.es. Para inscripciones: matriculas@curtopia.es.

Publicado en Uncategorized | Deja un comentario

Resoando

Exterior día. Ao lonxe resoa  o galope dun cabalo que se achega.. ou ben puidera ser un galopín coa casca dun coco emulando as arremetida das ferraduras, coma aqueles que buscaban o santo graal. Pero non, non é besta de clase algunha. É un movemento sísmico, unha nova fenda nas placas tectónicas da que vai emerxer a nosa illa. Até o de agora, só se escoita. En poucos días a nosa illa sacará o periscopio para fitar o que será o seu futuro emprazamento, Vigo.

 

Exterior día. A lo lejos resuena  el galope de un caballo que se acerca… o pudiera ser un galopín con la cáscara de un coco emulando las embistes de sus herraduras, como aquellos que buscaban el santo grial. Pero no, no es bestia de ninguna clase. Es un movimiento sísmico, una nueva grieta en las placas tectónicas de la que va a emerger  nuestra isla. Hasta ahora, sólo se escucha. En pocos  días nuestra isla sacará el periscopio para otear lo que será su futuro emplazamiento, Vigo.

Publicado en Uncategorized | Deja un comentario

Far Far Curtopía

Os habitantes de Curtopía, os e as famosas curtopías e curtopíos, estanse a comunicar co espazo exterior. Elixiron a cidade de Vigo, o far far west europeo, a fin dun mundo infinito, para asentar a sua civilización de vehementes creadores irredentos. Enclave estratéxico para o asalto ao fortín audiovisual, campamento base de excepción pola sua senlleira conexión ca outra beira do Atlántico. O idioma curtópico tamén se fala nunha e noutra marxe do Miño, este Mississipi que non pasa por Louisiana pero si por Oregon. Xa comezan a chegar dilixencias cheas de inquedos manifestos cinematográficos, pequenas grandes-historias, duns contadores de contos espallados de norte a sur e dende o este ata o afastado, afastado oeste.  Namentres aquí, en Curtopía, o son dunha arpa de boca escorrégase entre as portas dun saloon fundíndose co asubío dos ventos e acompañando ao galope de este Festival Internacional de Curtametraxes, no seu intrépido camiño.

Los habitantes de Curtopía, los curtopíos y curtopías, están comunicándose con el espacio exterior. Eligieron la ciudad de Vigo, el far far west europeo, el fin de un mundo infinito, para asentar su civilización de vehementes creadores irredentos. Enclave estratégico para el asalto al fortín audiovisual, campamento base de excepción por su señera conexión con la  otra orilla del Atlántico. El idioma curtópico también se habla a uno y otro lado del Miño, este Mississipi que no pasa por Louisiana pero sí por Oregon. Ya comienzan a llegar diligencias llenas con los inquietos manifiestos cinematográficos, pequeñas grandes-historias, de unos contadores de cuentos extendidos de norte a sur y de este lejano, lejano oeste. Mientras aquí, en Curtopía, el sonido de un arpa de boca se cuela entre las puertas de un saloon, fundiéndose con el silbido del viento y acompañando el galope de este Festival Internacional de Cortometrajes en su intrépido camino.

Publicado en Uncategorized | 3 comentarios

Curtopía Clip#1

Os habitantes de Curtopía levan anos creando obras audiovisuais en silencio. Agora déronse en amosar o seu talento. Durante meses recolleran o melloriño das obras dos curtopíos que marcharon no éxodo internacional. Mesmo abriron un concurso no que tódolos menores de 30 anos que teñan feito curtas, documentais ou videoclips poden participar.

Visita a web oficial de Curtopía.

www.curtopia.es

Los habitantes de Curtopía llevan años creando obras audiovisuales en silencio. Ahora quieren enseñar su talento. Durante meses recogerán lo mejor de las obras de los curtopíos que se marcharon durante su éxodo internacional. Incluso convocaron un concurso en el que todos los menores de 30 años que hayan hecho cortos, documentales o videoclips podrán participar.

Publicado en Uncategorized | Deja un comentario

Curtopía 2010. I Festival Internacional de Curtametraxes de Vigo.

Curtopía é unha nova illa que emerxeu, de xeito espontáneo, no Atlántico. Tamén espontáneo foi o asentamento dunha curiosa civilización que tomou posesión desta nova illa e agora se fan chamar Curtopíos ou Curtópicos. Son xentes chegadas de tódolos recunchos do mundo buscando un lugar onde facer realidade as súas máis profundas ensoñacións, onde construir unha nova realidade imaxinada. Curtopía é unha folla en branco que se transforma en imaxe e son nas mans e os ollos dos seus habitantes. Agora os habitantes de Curtopía deciden amosar o seu traballo para contaxiar ao resto do mundo da súa enerxía transformadora, para demostrar que outras realidades son posibles. Así nace o I Festival Internacional de Curtametraxes de Vigo, Curtopía 2010. ¿Queredes crer?

Curtopía es una nueva isla que emerge, de forma espontánea, en el Atlántico. También espontáneo fue el asentamiento de una curiosa civilización que tomó posesión de esta nueva isla y ahora se hacen llamar Curtopíos o Curtópicos. Son gentes llegadas de todos los rincones del mundo buscando un lugar donde hacer realidad sus más profundas ensoñaciones, donde construir una nueva realidad imaginada. Curtopía es una hoja en blanco que se transforma en imagen y sonido en las manos y ojos de sus habitantes. Ahora los habitantes de Curtopía deciden mostrar su trabajo para contagiar al resto del mundo su energía transformadora, para demostrar que otras realidades son posibles. Así nace el I Festival Internacional de Cortometrajes de Vigo, Curtopía 2010. ¿Quereis creer?

Publicado en Uncategorized | 3 comentarios